Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

A mellor fabada, en Monforte

Luis Villa Amandi sirve platos de su peculiar fabada a unos clientes
Luis Villa Amandi sirve platos de su peculiar fabada a unos clientes
O prato típico asturiano que se elabora no bar Plaza está seleccionado entre os nove que participarán na semifinal dun certame no que se elixirá o mellor de todo o mundo

Asturias non está tan lonxe, pero máis cerca atópase o bar Plaza de Monforte, a poucos metros do mercado de abastos. Alí pódense degustar os pratos típicos asturianos elaborados por Luis Villa Amandi. E non é un comentario de barra de bar, senón que así o testemuña o panel de catadores do concurso A Mellor Fabada do Mundo, un certame promovido polo Concello de Villaviciosa en colaboración coa axencia Gustatio, organizadora de eventos gastronómicos.

O prato identificativo de Asturias, con sidra como bebida, é a fabada. Elabórase ben nesa zona, pero fóra do Principado tamén hai grandes cociñeiros de fabada. O Bar Plaza de Monforte está situado entre os nove elixidos pola organización do certame para competir este ano, o próximo día 22 de febreiro, no Centro Asturiano de Madrid.

Os concursantes non se poderán despistar nin un momento porque entre o xurado estarán especialistas gastronómicos de diversos medios de comunicación, así como Jesús Almagro, campión de España de cociñeiros, e Vanesa Caso, do restaurante O Ñeru, que o ano pasado recibiu a acreditación de facer unha das mellores fabadas do mundo fóra de Asturias.

O concurso nacional da Mellor Fabada do Mundo conta coa participación de 88 restaurantes de toda España, polo que se considera un dos certames con máis renome da península.

O concurso está promovido polo Concello de Villaviciosa porque é unha das zonas onde se cultiva unhas das mellores variedades de faba, a maliaya. Alí realízanse tamén todos os anos as Xornadas Gastronómicas de lles Fabes, o día 9 e 10 de abril, nas que hai varios actos por parte da Confraría das Fabes, un mercado tradicional, degustación de produtos autóctonos e menús especiais en máis de 20 restaurantes da comarca.

O bar Plaza é un dos establecementos históricos da cidade do Cabe. Hai referencias da súa existencia na primeiro década dos 70. Luis Villa Amandi, de Villaviciosa, fíxose cargo da xerencia do establecemento en 2012. Desde entón soubo manter o equilibrio entre tradición e evolución. «Esa é a clave que me quedou marcada de Nacho Manzano, un cociñeiro de tres estrelas», dixo Luis Villa.

A mellor fabada, en Monforte
Comentarios