Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

GUÍA PRÁCTICA

Lienzo, ou a arte da tradición

Roberto Quiroga, propietario del restaurante Lienzo
Roberto Quiroga, propietario del restaurante Lienzo
Este restaurante monfortino ofrece unha esmerada cociña galega a prezos competitivos

UN EXCELENTE menú do día a nove euros e un menú especial diario, cunha incomparable relación prezo calidade —só custa once euros— son as opcións máis demandadas no restaurante Lienzo, de Monforte, que se caracteriza pola súa esmerada comida caseira, elaborada con produtos de calidade.

Roberto Quiroga, actual propietario do restaurante Lienzo, sustituíu aos seus pais, Roberto Quiroga e Sara Pozo, que abriron o negocio en 1987. Conta cunha ampla experiencia, xa que comezou a traballar no negocio familiar con 17 anos, e mantén a filosofía aplicada polos seus proxenitores a este establecemento familiar, onde se coida o máis mínimo detalle.

O menú do día está composto habitualmente por tres primeiros e tres segundos, que se rotan a diario. Non faltan os pratos de culler, un peixe e unha carne, dependendo do mercado. O que máis chama a atención é a empanada caseira. A de xouba é exquisita e a de bacallau con pasas conta con moitos adeptos. As sobremesas, tamén caseiras, como o arroz con leite, as natillas, o moussé de chocolate ou o tiramisú caseiro, serven para redondear unha suculenta comida, que se pode acompañar cun aceptable viño da casa ou coas referencias dunha completa adega, na que teñen un  especial protagonismo os caldos da Ribeira Sacra.


Roberto Quiroga, actual propietario do restaurante Lienzo, sustituíu aos seus pais, Roberto Quiroga e Sara Pozo, que abriron o negocio en 1987


O Lienzo ten dous ambientes diferenciados, a cafetería e o comedor. Na primeira pódese cear de picoteo, cunhas tostas variadas, revoltos ou embutidos caseiros. Entre as tostas, que tamén se poden pedir como entrante na carta, sobresae a de polbo gratinado con queixo ao forno, a de guacamole con mexillóns ou a de cebola marinada. Tamén se prepara unha gran variedade de croquetas caseiras e luras fritas.

Os amantes das carnes poden gozar dos magníficos entrecots e chuletóns de tenreira ou de vaca galega, servidos pola empresa Galcarne, que son habituais nos menús da fin de semana.

O bacallau ao forno, sobre un leito de patacas panadeiras, é soberbio, do mesmo xeito que o linguado con salsa de améndoas, que nos ofrece un logrado contraste entre un peixe moi fino ao padal e o toque doce que lle proporciona a cremosa salsa de améndoas. Nunha cociña onde se manexan todos os segredos da gastronomía tradicional brilla con luz propia a pescada, elaborada en distintas versións. A súa preparación á cazuela é a máis enxalzada pola clientela.

A fin de semana ofrécense menús de 16 e 17,50 euros nos que aparecen estes pratos estrelas da carta. É a oportunidade para degustar unha vieira ou un revolto, como primeiros, e un linguado con améndoas ou un entrecot, de segundo. Pero sexa cal for a elección, a comida e o servizo non defraudan.

Lienzo, ou a arte da tradición
Comentarios