Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

A venda de viño na Ribeira Sacra aumentou nun 10% no primeiro trimestre

O presidente do consello regulador, José Manuel Rodríguez, tamén confirmou que xa venderon máis dun millón de litros da colleita deste ano

O presidente do consello regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, confirmou que as adegas inscritas na denominación de orixe manteñen a tendencia á alza que se retomaba o pasado ano e no primeiro trimestre de 2016 as vendas subiron ao redor dun 10% con respecto aos tres primeiros meses de 2015.

"Seguimos na mesma liña, asentándonos no mercado, e xa desde o pasado ano incrementamos o volume de vendas", dixo José Manuel Rodríguez, quen tamén confirmou que xa venderon máis dun millón de litros de viño da colleita deste ano.

Por outra banda, Rodríguez confirmou que o consello regulador está a preparar a presenza da denominación de orixe na feira Alimentaria, onde se presentará cunhas corenta marcas de viño.

En calquera caso, avanzou que outras adegas acudirán tamén a esta cita pola súa conta.

A venda de viño na Ribeira Sacra aumentou nun 10% no primeiro...
Comentarios