A adega pontevedresa Paco & Lola recibe o selo Galicia Calidade

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, destacou durante a visita á compañía que a calidade dos viños desta firma está a impulsar o seu proceso de internacionalización
Francisco Conde entregó el certificado de Galicia Calidade a los directivos de la compañía
photo_camera Francisco Conde entregó el certificado de Galicia Calidade a los directivos de la compañía

A adega pontevedresa Paco&Lola recibiu este luns o selo Galicia Calidade de mans do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que este luns visitou as instalacións da compañía en Meaño.


Conde destacou que esta distinción representa "unha forma galega de facer as cousas" que ten "o seu recoñecemento no mercado" e que, polo tanto, "supón unha oportunidade para o noso tecido produtivo".

Co recoñecemento a Paco&Lola, o sector vitivinícola galego xa incorpora ao selo un total de 13 adegas das 5 denominacións de orixe.

O conselleiro resaltou que esta industria contribúe "dun modo moi importante" ao impulso da marca Galicia Calidade, que suma xa 55 empresas e máis de 350 produtos certificados; e que no marco da Estratexia 2014-2016 achegouse a outros sectores da economía galega como o granito ou o turismo.

Neste contexto, Francisco Conde puxo en valor que o compromiso de Paco&Lola coa calidade dos seus viños está a impulsar o seu proceso de internacionalización, tendo en conta que a empresa exporta hoxe en día o 40% da súa produción e está presente en 40 países. 

Comentarios