O restaurante Galicia celebra os seus 50 anos coincidindo co inicio das festas de Baamonde

Este venres, 11 de setembro, haberá un brinde especial durante unha actuación musical
Una imagen de hace años de Xoán Corral y su esposa brindando en el restaurante Galicia
photo_camera Una imagen de hace años de Xoán Corral y su esposa brindando en el restaurante Galicia

Coincidindo co inicio das festas de Baamonde, o histórico restaurante Galicia desta localidade do municipio lucense de Begonte, celebra os 50 anos da súa inauguración. E farao cun brinde especial cos que asistan á inauguración das celebracións na honra da Virxe do Rosario. A cita é á medianoite deste venres, día 11, durante a actuación do dúo La Hora Bruja. Tamén está previsto que actúe a orquestra Venezia.

O brinde, no que podería haber algunha sorpresa, estará patrocinado pola familia do recordado hostaleiro Xoán Corral.

As festas de Baamonde, que arrincarán cunha "liscada popular gratuíta" (22 horas), continuarán o sábado 12 coa actuación do Dúo Kalima e a Orquestra Fania Blanco Show. Xa o domingo, día 13, será a quenda da Orquestra Miramar.

Comentarios