O barista Óscar de Toro fai do Camiño un lugar de reflexión e encontro

O barista da capital galega pretende reivindicar a ruta como lugar de reflexión e de encontro

O restaurador santiagués Óscar de Toro empeza este domingo a percorrer os tramos galegos do Camiño de Santiago dentro da iniciativa #OscarOnTheWay. O obxectivo principal é reivindicar a ruta como lugar de reflexión e de encontro. Os organizadores presentan a acción como unha mostra de "solidariedade" cos camiñantes.

A idea baséase no coñecemento dos produtos que poden atopar os peregrinos e a posta en valor dos mesmos. Durante as diferentes etapas, Óscar de Toro fomentrá o coñecemento das empresas do sector primario galego como elemento diferenciador. A iniciativa preséntase como unha mostra da colaboración e cooperación do tecido empresarial galego cun dos grandes acontecementos, o Camiño, da historia de Galicia. Galicia Calidade colabora na proposta.

O percorrido de Óscar de Toro comeza o domingo no Cebreiro e finaliza o mesmo día do Apóstolo, o 25 de xullo, na Praza do Obradoiro. Os peregrinos e as redes sociais xogarán un papel fundamental durante os sete días de percorrido. Os organizadores aseguran que se dá un paso máis lonxe no concepto do blogtrip tan manido ultimamente". Para iso créase un storytelling e apóstase pola utilización dunha fórmula que comprende unha difusión 2.0 con conexións en directo e cun formato nun 90% de vídeo.

En cada unha das etapas realizaranse diarimente dúas conexións en directo, que se poderán ver a través de Youtube. Ao longo de cada unha das xornadas, distintas pezas gráficas irannos mostrando a interacción de Óscar de Touro cos camiñantes. O seguimento das accións poderase realizar desde as canles 2.0 de Galicia Calidade (Youtube, Facebook e Twitter) e xa desde alí poderanse difundir e compartir polo resto de persoas que acompañarán ao protagonista da acción.

A interactividade a través de Twitter e Facebook será total en todo momento e poranse en marcha dous concursos, un de fotografía do Camiño a través de Instagram e outro en Facebook en que o premio é unha xoia relacionada co Camiño.

comentarios