Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Diego Vallejo pregoará a Feira dá Empanada das Nogais

Diego Vallejo
Diego Vallejo
Celebrarase os días 27 e 28 e incluirá concursos e o sorteo de produtos da zona

O copiloto de rallyes Diego Vallejo dará o pregón da XII Feira da Empanada e outros Produtos dos Ancares, que espera congregar a numerosos visitantes nas Nogais este fin de semana –os días 27 e 28–. Incluirá na súa programación concursos, actuacións e, por primeira vez, o sorteo de lotes de produtos autóctonos.

No acto de presentación deste festexo, celebrado onte no edificio multiusos da Xunta, participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; o rexedor das Nogais, Jesús Núñez; o tenente de alcalde, Fernando Rodríguez, e Gonzalo Trobo, en representación da asociación local de empresarios Adean, impulsora desta feira xunto ao Concello.

Segundo explicaron, esta convocatoria arrincará este sábado, día 27, cun concurso de empanada, para adultos, e outro de repostería, para nenos, desde as oito da tarde.

Media hora despois celebrarase unha ‘touciñada’ e ‘chourizada’ popular, á que lle seguirá, a partir das dez e media da noite, unha verbena coa orquestra Dilema.

O domingo 28, os postos abrirán ás dez da mañá e non pecharán ata última hora da tarde. Unha actuación do Grupo de Gaitas e Cantores do Courel, ás 12.30 horas, precederá ao pregón, que pronunciará ás 13.00 o deportista lucense Diego Vallejo, varias veces campión de España de rallyes como copiloto, con moitos seguidores na zona.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, sortearanse dous lotes de produtos da feira valorados en 300 euros -daranse rifas por cada compra nas casetas ou polas consumicións en locais da vila- e entregaranse os premios dos certames do sábado.

O programa incluirá tamén unha actuación de música e danza tradicional do colectivo local Abrente e de Xesta Verde, de Friol, ás 18.30 horas.

Diego Vallejo pregoará a Feira dá Empanada das Nogais
Comentarios