Onde está o verán? Os ceos anubrados e as choivas seguen este xoves

Os turistas que visitan Galicia tiveron que tirar de chuvasqueiro este mércores

[Turistas abrigados en Lugo, este mércores. P.N.]Jóvenes turistas en Lugo, pese al mal tiempo. P.N

Con apenas 25,7º graos de máxima, concretamente en Vilamartín de Valdeorras, ceos anubrados e choivas intermitentes. Así transcorreu o mércores en Galicia. Unha estampa que non mudará demasiado nos vindeiros días.

Este xoves, sen ir máis lonxe, unha fronte fría atravesará a comunidade. Durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos e con chuvias febles e intermitentes na franxa atlántica. A partir do mediodía as chuvias irán chegando ao resto de Galicia, con intensidade localmente forte. As temperaturas estarán en lixeiro ascenso, segundo a previsión de MeteoGalicia.

Para o venres, Galicia queda cun réxime de ventos do sudoeste que deixará ceos máis anubrados na franxa atlántica, con chuvascos que se rexistrarán ao longo de todo o día, e ceos máis abertos no leste, con baixa probabilidade de precipitación. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso.

Xa o sábado comezará o panorama. Galicia queda nunha zona de transición entre altas e baixas presións con ventos de compoñente oeste. Así, o día comezará con intervalos de nubes baixas e bancos de néboa e co avance da xornada os ceos quedarán pouco anubrados.

Comentarios