Xuntos Podemos: "Carmen Santos perdeu o rumbo"

A formación asegura que "existen movementos internos que se están expondo ir ás municipais con marcas brancas do partido" para "apartarse da dinámica que tomou Podemos Galicia"
Carmen Santos
photo_camera Carmen Santos

Xuntos Podemos condena o rumbo "ditatorial e antidemocrático" tomado, ao seu xuízo, pola dirección de Podemos Galicia. "Carmen Santos perdeu o rumbo e a consecuencia é a reunión de varios círculos este sábado en Santiago de Compostela para achegar posturas de como resolver esta situación, e como preparatorio para unha autoconvocatoria de asemblea xeral en Galicia, se así o deciden os propios círculos", indicou Xuntos Podemos a través dun comunicado.

A continuación, asegurou que "existen movementos internos que se están expondo ir ás municipais con marcas brancas do partido e apartarse da dinámica e do rumbo que tomou Podemos Galicia ao mando de Carmen Santos".

"Hoxe soubemos que Podemos estatal indica aos parlamentarios de Podemos Galicia que deben doar o diñeiro a Podemos e non a En Marea porque eles son parlamentarios de Podemos", subliñou Xuntos Podemos, que defende que "os sete parlamentarios deben integrarse como Podemos Galicia dentro do Hórreo galego e apartarse da marea".

Comentarios