A Xunta ve posible suavizar restricións na hostalería nalgunhas zonas

Feijóo mantén a "recomendación" de que as reunións do Nadal se limiten a dúas unidades familiares

Clientes en una terraza en O Carballiño, que inicia este sábado su desescalada. ROSA VEIGA (EP)
photo_camera Clientes nunha terraza no Carballiño. ROSA VEIGA (EP)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que, se segue descendendo a incidencia do coronavirus na comunidade, o Executivo galego ten esperanzas de poder mellorar a situación da hostalería. Con todo, subliñou que non vai variar a "recomendación" de que nos encontros do Nadal se reúnan como máximo dúas unidades familiares para tratar de evitar unha terceira onda. 

Tras repasar os datos da pandemia na comunidade, ao termo da reunión semanal do Consello da Xunta, o presidente apuntou que neste momento hai "esperanzas" de que se poida abrir a hostalería en zonas da comunidade nas que hai "restricións máis severas" e incluso ampliar os horarios de apertura noutras nas que xa se procedeu a autorizar a reapertura con límites. 

En todo caso, apelou á prudencia e recordou que "todo" dependerá da evolución e de como se cumpran os parámetros fixados polo comité clínico, que manterá os seus encontros habituais. Nese sentido, Feijóo avogou por ser prudente e advertiu de que, "mentres non cheguen esas semanas", non se vai a adiantar "ningunha decisión".

Dito isto, e aínda que constatou que polo momento "as cousas van mellor", anticipou que hai unha "recomendación clara" da Xunta que non vai cambiar: que o aconsellable é que celebren as festas xuntos aqueles que conviven a diario ou que, "se se teñen que mesturar", o fagan como máximo dúas unidades familiares. 

"Dez persoas —en alusión á proposta do Goberno— parécenos arriscado, e moi indefinido o concepto de achegados. Que cada familia que convive celebre as festas como come ou cee cada día, ou que se xunten dúas unidades estables entendemos que é a recomendación máis rigorosas para diminuír as probabilidades de terceira onda en Galicia e España", sentenciou, antes de chamar a fixarse no que sucede en EE UU.

Comentarios