A Xunta proporá limitar a dúas unidades familiares as reunións de Nadal

A idea é que non se estableza un límite máximo de persoas
Decoración navideña en el Mercado de Abastos de Lugo. SABELA FREIRE
photo_camera Decoración do Nadal no Mercado de Abastos de Lugo. SABELA FREIRE

A proposta da Xunta de Galicia para regular os encontros durante o próximo Nadal pasa por limitar as reunións a un máximo de dúas unidades familiares, aínda que con independencia do número de persoas que implique.

Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha comparecencia para explicar as medidas adoptadas polo comité clínico na súa reunión deste martes.

Feijóo sostén que un fillo emancipado que visite en Nadal aos seus pais xa se consideraría unha reunión de dous grupos diferentes

Preguntado acerca das medidas para o próximo Nadal, Núñez Feijóo explicou que a proposta da Xunta pasa por non centrarse no número de persoas, se non nas unidades familiares. En concreto, Galicia aposta por limitar a dúas unidades familiares distintas as ceas e comidas de Nadal e pide que, no posible, sexan as mesmas persoas para os diferentes encontros ao longo destas datas.

Ademais, Feijóo anunciou que, ao seu entender, a unidade familiar inclúe unicamente a persoas que habitualmente comparten teito. é dicir, o presidente sostén que, por exemplo, un fillo emancipado que visite en Nadal aos seus pais xa se consideraría unha reunión de dous grupos diferentes.

A maiores, para aquelas persoas que non conten como núcleo familiar ou no caso de que o Goberno central non acepte a proposta de unidades familiares, a Xunta propón que non conten nos máximos de persoas os nenos menores de 10 anos.

Comentarios