A Xunta ofrécelle unha vivenda en Salvaterra a unha das tres familias en folga de fame en Vigo

Seguiráselle buscando unha casa na cidade olívica, non dispoñible nestes momentos despois de que nos últimos meses se atendesen outros casos

A Xunta adxudicará unha vivenda en Salvaterra do Miño a unha das tres familias ao bordo do desafiuzamento que este luns iniciaron unha folga de fame ás portas do Concello de Vigo.

Nos próximos días oficializarase a adxudicación do inmoble, que este mércores foi visitado polo afectado, quen o considera adaptado ás súas necesidades, informaron fontes da administración autonómica.

A Xunta seguirá buscando para esta familia unha vivenda en Vigo, que non posúe nestes momentos despois de que nos últimos meses fosen destinadas a atender outros casos, indican as fontes.

Comentarios