A Xunta ofertará cursos para mellorar os servizos no sector de hostalería

A formación permitirá aos locais saber que necesitan para clasificarse como Tipo 1C ou Tipo 2C
Una terraza en Ribadeo. J.M.ÁLVEZ
photo_camera Unha terraza en Ribadeo. J.M.ÁLVEZ

A Xunta ofertará cursos específicos e gratuítos para que os locais de hostalería se clasifiquen como de Tipo 1C ou Tipo 2C, informou a Consellería de Sanidade.

Todos os cursos para os profesionais do sector terán que estar revisados e avalados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade para poder obter a necesaria acreditación de nivel.

Tal e como recolle a nova Orde que regula o novo Plan de Hostalería, están a establecerse os protocolos de colaboración entre a Dirección Xeral de Saúde Pública, as Asociacións de Hostaleiros e o Clúster de Turismo, relativos aos requisitos de formación para os profesionais do sector. No grupo de traballo participan tamén tres membros do comité clínico.

Estes requisitos daranse a coñecer nos próximos días e contemplarán os contidos da formación básica e da formación avanzada requirida para que os establecementos poidan clasificarse como locais de Tipo 1C, que son os que asumen os requisitos básicos esixidos pola Xunta, ou locais de Tipo 2C, que son os que cumprirán, ademais, unha serie de requisitos adicionais.

Nas próximas xornadas a Xunta informará tamén das posibilidades para impartir esta formación e acreditar a súa superación, así como do momento no que comezarán a ser exixibles por parte da inspección de saúde pública.

A duración destes cursos será de dúas horas para os locais de Tipo 1C e de catro horas para os de Tipo 2C.

Comentarios