A Xunta insta o Estado a autorizar a formación de pediatras ante o déficit de profesionais

Almuiña propón atrasar a idade de xubilación deste colectivo

Sala de espera de consultas de pediatría. AEP
photo_camera Sala de espera de consultas de pediatría. AEP

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, destacou este luns a necesidade de proseguir coas conversacións entre Xunta de Galicia e Goberno central para que o Estado "autorice a formar máis de vinte pediatras" ao ano e así paliar o "déficit" de profesionais existente.

A preguntas dos medios en Ferrol, estimou que en toda "España hai déficit de pediatras" en canto á súa "distribución" polo territorio. "Temos menos nenos que hai uns anos e cotas máis pequenas", remarcou.

Segundo o representante autonómico, "temos un déficit se consideramos ese número de cotas", polo que incidiu na proposta de ampliación "da idade de xubilación" dos médicos. Deste xeito, considerou que os pediatras poderían "seguir traballando ata os 70 anos".

Así mesmo, Vázquez Almuíña valorou que a Xunta está "a falar con pediatras e sociedades científicas para buscar medidas" polo baixo número de profesionais. Respecto diso, apostou por que esas iniciativas "axuden a manter un nivel de calidade moi alto" na prestación.

Finalmente, matizou que Galicia atesoura a "porcentaxe menor de médicos de familia" que ocupan prazas de pediatra en toda España.

Comentarios