A Xunta habilita unha ferramenta para calcular o radio dos desprazamentos permitidos

Un mapa de la herramienta. EP
photo_camera Un mapa da ferramenta. EP

A Xunta habilitou unha ferramenta web que permite medir e comprobar a lonxitude dos desprazamentos que agora están permitidos. A través dun visor dispoñible na páxina do Instituto de Estudos do Territorio (IET), ofrécese aos cidadáns "a posibilidade de calcular con precisión" o radio no que poden moverse para que planifiquen as súas saídas.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera que esta aplicación, elaborada en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) "pode resultar útil" agora que, desde este sábado, o Goberno autoriza os paseos en familia --ata un quilómetro-- e a práctica de deporte individual.

Así, os usuarios desta ferramenta teñen dúas formas de calcular as distancias. A primeira consiste en fixar directamente sobre o mapa a localización da residencia e establecer a partir de aí o radio máximo de desprazamento. A outra opción é calcular directamente a través da pestana medidas un percorrido concreto seguindo os propios viarios.

Comentarios