A Xunta e a Federación de Caza coordinan accións de control do xabaril

Ou obxectivo é manter baixo control a sobrepoboación desta especie naquelas zonas con maior incidencia deste problema
Una familia de jabalíes. ADP
photo_camera Unha familia de xabarís. ADP

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Belén do Campo, reuniuse este luns con representantes da Federación Galega de Caza (FGC) para coordinar as posibles actuacións a desenvolver nos próximos meses no marco do plan de acción fronte ao xabaril.

Deste xeito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o sector cinexético renovan a súa vontade de colaboración nesta materia, que nos últimos anos permitiu desenvolver “unha serie de medidas de xestión e control coas que contrarrestar a sobreabundancia de xabarís” na Comunidade e minimizar á vez os danos que ocasionan.

A Xunta mantén contacto cos diferentes colectivos implicados na xestión da sobreabundancia de xabarís, que se plasmou na creación dun grupo específico de traballo

O obxectivo das accións coordinadas co sector cinexético galego é manter baixo control a sobrepoboación desta especie naquelas zonas con maior incidencia deste problema.

A reunión celebrada este luns enmárcase nos contactos que, de forma periódica, mantén a Xunta cos diferentes colectivos implicados na xestión deste problema en Galicia e que se plasmou na creación dun grupo específico de traballo que vén coordinándose nos últimos anos para o deseño e a avaliación dun plan de medidas fronte ás afeccións ocasionadas polos xabarís. De feito, a última reunión da comisión de seguimento do plan de acción fronte ao xabaril produciuse a mediados de xuño. 

Comentarios