A Xunta elabora un mapa profesional para "aproximar a educación ao mundo real"

O estudo aposta por implatar 15 novos másteres para o curso 2023/2024
Alberto Núñez Feijóo, en la presentación. EP
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, na presentación. EP

A Xunta de Galicia presentou este martes o primeiro catálogo de perfís profesionais e novas titulacións universitarias co que pretende "aproximar a educación ao mundo real", un documento que marcará un antes e un despois na educación universitaria e o mercado laboral galego. Galicia 2030, que é como se chama o proxecto, aposta por implantar 15 novas titulacións máster no sistema galego para o curso 2023/2024.

O estudo, realizado a través de Feuga coa colaboración de 200 empresas, identifica 30 perfís profesionais de alto interese laboral pola economía galega. Deles, a metade xa están cubertos co actual mapa de titulacións e os 15 restantes son os que a Xunta pretende implementar esta lexislatura. 

A maioría de titulacións con máis demanda teñen que ver coa tecnoloxía, pero tamén co ámbito ambiental e a economía circular ou con aspectos socioeconómicos como a demografía. 

Tanto Alberto Nuñez Feijoo como os representantes das tres universidades ou as empresas (representadas por Televes) coincidiron esta mañá no Gaias na necesidade dunha educación "transversal" na que, máis aló do académico, desenvólvanse tamén habilidades persoais como a creatividade, iniciativa ou lideraGo, así como os idiomas.

Comentarios