A Xunta destinará 45 millóns ata 2020 ao redor do centro de drones de Rozas

Núñez Feijóo asegura que a iniciativa busca colocar a Galicia "á vangarda" nun campo do sector aeronáutico con moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento nos próximos anos
Un avión no tripulado haciendo una prueba en el aeródromo de Rozas
photo_camera Un avión no tripulado haciendo una prueba en el aeródromo de Rozas

O Goberno galego ha dado este xoves o visto e prace a un investimento de 45 millóns de euros ata o ano 2020 para dar o "impulso definitivo" á creación dun polo tecnolóxico e industrial aeronáutico en torno ao primeiro centro de investigación de avións non tripulados para uso civil de Europa situado en Rozas, en Castro de Rei.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se trata dun acordo "importantísimo" que permitirá colocar a Galicia "á vangarda" nun campo do sector aeronáutico con moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento nos próximos anos.

Nunha primeira fase licitarase un concurso público dotado con 25 millóns de euros para a contratación dun ou varios socios tecnolóxicos e na segunda, outro concurso por 20 millóns de euros paral a compra pública innovadora de tecnoloxías xa en uso que melloren os servizos.

Núñez Feijóo recordou que no centro de investigación de avións non tripulados para uso civil de Rozas investíronse 10 millóns de euros e forma parte dun proxecto no que xunto coa Xunta colabora o INTA, dependente do Ministerio de Defensa e organismo que concederá as certificacións para estes aparellos, e tamén o Ministerio de Economía e Competitividade.

Os socios tecnolóxicos que seleccione a Xunta deberán concretar o plan de investimento e comprometerse a instalar os centros de produción en Galicia e a contar con empresas da Comunidade.

Deste xeito darase forma ao polo industrial e de innovación que integrará centros tecnolóxicos, empresas do sector aeronáutico e outras, como o naval ou a automoción, que poderán así diversificar a súa produción.

Os usos concretos que pretende impulsar a Xunta neste centro para estes avións pasan pola prevención e extinción de incendios, a xestión de catástrofes, tarefas de salvamento, loita contra o furtivismo ou a elaboración de mapas de riscos, tarefas todas "exportables" a outros países.

Comentarios