A Xunta destina máis de 35 millóns para equipar os robots cirúrxicos Da Vinci 

Estas máquinas supoñen para o paciente unha maior seguridade e calidade
Da Vinci. SEBAS SENADE
photo_camera Un robot Da Vinci. SEBAS SENADE

O Goberno galego autorizou este xoves o investimento de 35,2 millóns de euros para que as sete áreas sanitarias de Galicia conten co material funxible necesario para o funcionamento dos robots cirúrxicos Da Vinci. 

A licitación, lla que informado o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, realizarase pola fórmula de acordo marco mediante único lote e cunha única empresa. O prazo máximo de duración do acordo marco e a súa prórroga será de catro anos. 

O presidente da Xunta recordou que se están investindo 20,5 millóns de euros nestes robots cirúrxicos Da Vinci e incidiu nas súas vantaxes, xa que melloran a destreza nas intervencións laparoscópicas, incrementan a precisión e facilitan os movementos do especialista. 

Ademais, para os pacientes supoñen unha maior seguridade e calidade e, no que respecta aos hospitais, "reducen a estancia postoperatoria". 

O obxecto do contrato será a subministración de materiais dun só uso, imprescindibles nas cirurxías realizadas con este sistema, talles como distintos tipos de grapadoras coas súas correspondentes cargas, así como pinzas, cánulas, instrumental sellador, obturadores, cables, portagujas e tesoiras, entre outros. 

Comentarios