A Xunta destina 26,6 millóns á formación de 8.700 persoas desempregadas

O Goberno autonómico inxectará 65 millóns para impulsar a incorporación da mocidade ao sector agroalimentario e o desenvolvemento das pequenas explotacións 

 

El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, el presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo y el conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, este jueves en el Consello de la Xunta. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, el presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo y el conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, este jueves en el Consello de la Xunta. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores a aprobación das axudas para formación de desempregados en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos, para o que se destinará unha partida de 26,6 millóns.

Co programa, que se centrará especialmente nos sectores do metal, naval, automoción, ademais dos relacionados con competencias dixitais, poranse en marcha un total de 750 cursos que estarán destinados a un total de 8.700 alumnos, explicou Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno.

Os cursos tamén darán prioridade ás actividades relacionadas coa Industria 4.0. Un dos colectivos prioritarios para o acceso destas axudas serán as persoas que non finalizaron os estudos de educación obrigatoria, polo que teñen maior dificultade de acceder ao mercado laboral e por iso o 40 % do total do programa estará destinado a este fin

AGRO. Por outro lado, o Goberno galego inxectará 65 millóns de euros, un 14 por cento máis que no pasado ano, en axudas para favorecer a incorporación da mocidade ao sector agroalimentario, novos investimentos e desenvolvemento de pequenas explotacións. 

Segundo explicou Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, trátase dunha das convocatorias "máis importantes" lanzadas neste ámbito pola Administración galega. 

Entre as novidades, puntuarase máis para acceder a estes incentivos os proxectos liderados por mulleres e outorgarase maior peso á agricultura ecolóxica

Comentarios