A Xunta apraza o cobro de alugueres en vivendas e locais de titularidade autonómica

O Goberno autonómico deixará abrir aloxamentos turísticos que acollan a traballadores de sectores de primeira necesidade ►A TVG pon en marcha unha programación educativa para os cativos ►Pecha a ITV os podólogos e os logopedas
Imagen alusiva a las hipotecas
photo_camera Imaxe alusiva ao pago da vivenda.

A Xunta decidiu este sábado que poderán abrir aqueles aloxamentos turísticos que sexan necesarios para acoller aos traballadores de operadores de servizos de primeira necesidade, así como de empresas e provedores que aseguren o abastecemento. 

Así se acordou este sábado durante a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) celebrado en Santiago coa participación do vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e outros representantes da Administración autonómica e da Delegación do Goberno. 

Tras o prazo dunha semana dado polo Estado para que pechen todos os hoteis e outros establecementos do sector, o Cecop aprobou facilitar o aloxamento provisional aos turistas en tránsito que non poidan regresar aos seus lugares de orixe que se vexan afectados por esta medida. 

Ademais, propiciarase a apertura de establecementos, "en coordinación cos servizos sociais dos concellos", para acoller a aqueles colectivos que presenten unha "especial vulnerabilidade social". Entre eles, explica a Xunta, atópanse as persoas sen fogar, as vítimas de violencia de xénero e as que sufran exclusión social. 

En concreto, habilitarase "como mínimo" un establecemento de garda en cada unha das sete grandes cidades da Comuidad para a acollida temporal destas persoas, o que se poderá estender a outras zonas "onde fose necesario". 
Iso si, do mesmo xeito que outras limitacións establecidas para conter a expansión do novo coronavirus, a ocupación destes locais non poderá superar un terzo do seu aforamento máximo. 

ALUGUER EN VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA. Por outra banda, a Xunta decidiu aprazar desde abril, "e mentres se manteña o estado de alarma", o cobro do aluguer a aquelas vivendas de promocion pública e locais que sexan de titularidade autonómica -concretamente do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)-. 

Neste sentido, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou durante a reunión do Cecop que na actual crise sanitaria "ninguén pode quedar atrás" e "o dereito á vivenda é un dos dereitos fundamentais da cidadanía". 

Así, cifrou en máis de 3.500 as familias aloxadas en vivendas de promoción pública do IGVS que se verán beneficiadas por esta medida e en 42 os inquilinos de locais comerciais públicos. O importe total dos recibos é de máis de 307.000 euros. 

BONO DE ALUGUER SOCIAL 
Na mesma liña, e tamén durante a vixencia do estado de alarma, a Xunta asumirá a contía de aluguer que non está cuberta polas axudas do bono de aluguer social e do bono de aluguer social para vítimas de violencia de xénero. 

En total, a Administración autonómica calcula que serán 157.500 euros ao mes que se abonarán para pagar a renda mensual duns 700 beneficiarios destes programas. 

CONTIDOS EDUCATIVOS NA TVG 
No tocante á educación, o alumnado galego contará desde este luns na segunda canle da Televisión de Galicia (TVG) cunha programación especial que complementará os contidos que reciben desde os centros de ensino. 

Emitirase de luns a venres, de 11,00 a 13,00 horas, e contará coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta. 

PECHAN LOGOPEDAS, PODÓLOGOS E ITV 
Por outra banda, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) decidiu atender as solicitudes dos colexios profesionais de logopedia e de podoloxía e ordenou o peche de todos os seus centros e unidades en Galicia, "ao non poder garantir unha asistencia segura aos pacientes en situación de illamento". 

De forma paralela, este centro de coordinación decretou a suspensión do servizo da Inspección Técnica de Vehículos (ITV).

VIAXES CON MÁIS DUN EMPREGADO

F os vehículos conten con máis dun ocupante naqueles desprazamentos por motivos de traballo dos sectores que poden manter a súa actividade, pero "sempre que se garanta a seguridade laboral" das persoas. 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que esta medida "favorecerá" que estes sectores "críticos", como o sanitario, continúen operando cando a empresa se fai cargo dos traslados ou cando os empregados comparten coche. 

Desta forma, poderán viaxar até dúas persoas en vehículos cun máximo de cinco prazas, tres persoas naqueles con capacidade para sete, e catro se ten un máximo de nove. No caso de que a capacidade sexa maior, poderase ocupar até o 30 por cento das prazas. 
 

Comentarios