A Xunta aplicará en xaneiro a uns 100.000 funcionarios as subidas retributivas pactadas

Feijóo precisou que estes incrementos afectan aos distintos colectivos de empregados públicos da comunidade
Alberto Núñez Feijóo. XOÁN REY (Efe)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. XOÁN REY (Efe)

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que a Xunta fará efectivo de inmediato "todo aquel incremento retributivo que non necesite cobertura estatal" —en referencia a á alza do 2% pactada e pendente para todos os funcionarios do conxunto de España—, polo que uns 100.000 empregados galegos verán xa nas nóminas deste mes as subidas acordadas no ámbito autonómico. 

Tras o Consello da Xunta, Feijóo precisou que estes incrementos afectan aos distintos colectivos de empregados públicos da comunidade (traballadores da Administración xeral, do Sergas, do ensino público e da xustiza) e precisou que, a tal fin, nos orzamentos de 2020 resérvanse 140 millóns de euros. 

"Empezamos a aplicar estas subidas en 2020 sen esperar ao Goberno central porque temos autonomía para facelo", remarcou, para engadir que, en canto o Executivo estatal autorice a vía para aplicar o incremento do 2%, a Xunta tamén a fará efectiva de inmediato e desde o 1 de xaneiro, polo que se abonarán tamén os atrasos desde este mes

Comentarios