A Xunta amplía ata ao 50% o aforamento dos lugares de culto

Esta medida aplícase nos 60 concellos con máis restricións 
misa en honor a la virgen del carmen en la iglesia de ribadeo- foto jm alvez
photo_camera Imaxe de arquivo dunha misa. AMA

A Xunta ampliou ata o 50% a capacidade de aforamento dos lugares de culto nos 60 concellos nos que están en vigor medidas máis restritivas para facer fronte á segunda onda de contagios da covid-19, como as sete cidades e a súa área perimetral. 

En concreto, nunha orde publicada o pasado 4 de novembro, a Administración autonómica establecía nestas localidades o límite máximo de persoas nos lugares de culto sería de 25. Pola súa banda, nos 253 municipios restantes o máximo xa estaba no 50% da capacidade. 

Con todo, nun decreto con data do 9 de novembro, a Xunta actualiza estas medidas ao considerar que "os lugares de culto" son "seguros en relación coa transmisión" do SARS-CoV-2" e recorda brote que puidese identificarse como orixe nun lugar de culto". 

Así, sinala que, a pesar de tratarse de espazos interiores, "a permanencia neles é dun tempo limitado". "As persoas non interactúan entre si, manteñen a distancia de seguridade en todo momento e utilizan a máscara de forma sistemática, salvo en momentos puntuais", apunta. 

Por iso, considera que "non existe inconveniente" desde o punto de vista epidemiolóxico en eliminar a medida consistente no establecemento dun límite máximo de asistentes e manter que en Galicia a asistencia aos lugares de culto "non poderá superar o 50%.

Comentarios