A Xunta activa axudas para a fabricación de medios de protección ante o coronavirus

Repartirá 2,5 millóns para impulsar a produción de material sanitario, equipos de protección individual, probas de diagnosis, ventiladores e desinfectantes
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Pantallas de protección fabricadas nunha planta galega. EP

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores unha nova liña de axudas da Xunta destinadas á fabricación de medios de protección ante o coronavirus. Esta iniciativa permitirá a reorganización produtiva urxente das empresas galegas para facer fronte á urxencia sanitaria, segundo informa nun comunicado o Goberno galego.

Serán 2,5 millóns de euros para impulsar a produción na comunidade autónoma de material sanitario, equipos de protección individual, probas de diagnosis, e ventiladores e desinfectantes. Os proxectos serán avaliados polo comité de fabricación de equipamento sanitario.

As axudas, de ata 100.000 euros, cubrirán o 75% dos investimentos e gastos que realicen as pemes para adaptar a súa produción.

Comentarios