Xullo despídese este fin de semana con varias localidades galegas en alerta amarela

As temperaturas superarán os 36 graos nalgúns puntos de Ourense
Un joven disfrutando del Miño un día de calor en Lugo. ARCHIVO
photo_camera Un joven disfrutando del Miño un día de calor en Lugo. ARCHIVO

Galicia despedirá xullo con altas temperaturas. Coa vaga de calor aínda no retrovisor, os termómetros volverán subir no último fin de semana do mes. De feito, a Xunta decretou este sábado a alerta amarela en varias zonas de Galicia, en especial nalgúns puntos da provincia de Ourense, onde se alcanzarán temperaturas por encima dos 36 graos. 

Esta alerta se estenderá a mais puntos de Galicia o domingo, afectando a toda a zona do litoral pontevedrés. 

Alerta
Alerta

PREVISIÓN PARA O SÁBADO. Este sábado fortalecerase a influencia anticiclónica na Comunidade, de maneira que, segundo o prognóstico de Meteogalicia, haberá intervalos de nubes baixas no terzo norte, que irán desaparecendo a medida que avance a mañá, e ceo parcialmente nubrado ou despexado no resto. 

As temperaturas experimentarán un ascenso, localmente moderado no caso das máximas. 

Os ventos soprarán do norte e nordés, máis intensos pola tarde, cando poden alcanzar intervalos fortes na Costa da Morte. 

Mapas do tempo e temperaturas previstas para este sábado. METEOGALICIA
Mapas do tempo e temperaturas previstas para este sábado. METEOGALICIA

 

Comentarios