miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Hermida renuncia oficialmente ao seu escano

Xoán Hermida. RAFA FARIÑA
Xoán Hermida. RAFA FARIÑA

Na súa despedida manifestou o seu apoio á cunsta aos inscritos sobre o caso Quinteiro

Xoán Hermida traslada á Mesa do Parlamento de Galicia a renuncia ao seu escano toda vez que o Consello das Mareas aprobou a celebración da consulta aos inscritos sobre o caso Paula Quinteiro

A decisión de Hermida chega despois de que el memo anunciara vinte días atrás que non participaría na presente lexislatura debido as súas ocupacións profesionais, tal como xa confirmará hai 20 días.

Non obstante lembra que seguen existindo dúas variantes intimamente ligadas neste conflito que quixo deixar moi claro nas súas declaracións: a ética e o compromiso co electorado.

En alusión ao caso Quinteiro, considerou que algúns deputados e deputadas de En Marea entenden as institucións como "un todo", e "non como un instrumento para un cambio", correndo o perigo de converterse nunha nova casta.

Lembra así que entre o "compromiso persoal de cargos de En Marea” asinado por todos os  candidatos e candidatas faise referencia textualmente a aceptar os "principios básicos" e os documentos de "forma de goberno" da organización, nos que se cita que "en exercicio dun cargo" débese actuar "no nome de En Marea e ningún caso representando intereses diferentes" e "defender publicamente o proxecto político, desenvolvendo os principios básicos e o programa".

O xa exdeputado quixo facer un chamamento a unha maior participación na consulta dos inscritos e dixo que en democracia non hai consultas "legais" e "ilegais", tal como En Marea defende no caso catalán.

Tras a saída de Hermida, a próxima na lista pontevedresa para ocupar o escano no Parlamento é a profesera Julia Torregosa.

Hermida renuncia oficialmente ao seu escano
Comentarios