O xerente do Sergas admite "non estar satisfeito" coa ocupación en Uci

Durante unha visita ao Hula, José Flores Arias recalcou que a curva de contagios "descende"
El gerente del Sergas, José Flores Arias, visita el Hula. CONSELLERÍA DE SANIDADE
photo_camera O xerente do Sergas, José Flores Arias, visita o Hula. CONSELLERÍA DE SANIDADE

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores Arias, insistiu na "melloría" da situación epidemiolóxica, pero recoñeceu "non estar satisfeito" coa ocupación hospitalaria, nomeadamente coas cifras de pacientes en Uci.

Arias recalcou que a curva de contagios "descende" en declaracións aos medios este xoves tras a súa visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti con motivo da adquisición por parte da Xunta de 37 equipos radioquirúrgicos.

O xerente do Sergas recalcou que a curva de incidencia acumulada "descende". "é unha melloría xa asentada, menos nalgunhas áreas como Vigo ou A Coruña, máis atrasadas nesa melloría", indicou Flores Arias, que puxo o foco nas unidades de críticos.

"É certo que estamos mellor que ao principio, pero segue habendo pacientes en Uci, 63, que foron en aumento ata agora. Esperemos que esa tendencia empece a estabilizarse", apuntou para insistir en que a poboación debe ser consciente da situación.

Con todo, Arias matizou que a ocupación hospitalaria non lles preocupa "a nivel de capacidade", pero non lles satisfán" as cifras.

Respecto de posibles cambios no mapa de restricións de Galicia para o vindeiro venres, cando está prevista unha nova reunión do comité clínico, o responsable do Sergas confirmou que "non é previsible" que haxa cambios a finais desta semana.

Comentarios