Volve o bo tempo

O ceo prevese despexado ou lixeiramente nubrado e temperatura en lixeiro ascenso, son as notas máis destacadas das previsións para hoxe de Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico sinala que Galicia está baixo unha situación anticiclónica que se caracterizará por ceos pouco nubrados ou despexados, néboas matinais en comarcas da provincia de Lugo e pola tarde nubes de evolución en zonas do interior, máis probables na metade sur.

O vento será frouxo de dirección variable en xeral, con intervalos moderados do nordés no litoral norte e réxime de brisas nas rías Baixas.


TEMPERATURAS:
      
A Coruña 9º 19º, Ferrol 8º 22º, Lugo 5º 23º, Ourense 6º 28º, Pontevedra   8º 23º, Compostela   6º 23º, Vigo 13º 22º.

MARÍTIMA:

Costa Cantábrica: Vento do leste pola mañá e do nordés pola tarde con forza 4 a 5, forte marusía, visibilidade boa e mar de fondo do noroeste con ondas de 0,5 a 1 metros.

Ártabro e Bares: O vento soprará do nordés con forza 3 a 5 pola mañá e de 4 a 5 pola tarde; forte marusía; visibilidade boa e mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros.

Costa da Morte: O vento soprará do nordés con forza 3 a 4 pola mañá e de 2 a 4 pola tarde; haberá marusía ou marexada, visibilidade boa e mar de fondo do noroeste con ondas
de 0,5 a 1 metros.

Rías Baixas: O vento será variable pola mañá con forza 1 a 2 e do oeste pola tarde con forza 1 a 3; haberá marexada, visibilidade boa e mar de fondo do noroeste con ondas de 0,5 a 1 metros.

Comentarios