Vueling retira do aeroporto da Coruña o voo a Londres

Un dos motivos áchase na obrigatoriedade de realizar corentena na chegada ao país británico

Un avión de vueling. EP
photo_camera Un avión de vueling. EP

A compañía aérea Vueling retirou polo momento o voo diario que tiña lugar desde o aeroporto coruñés de Alvedro ata o de Heathrow, en Londres, polo coronavirus.

O Consorcio de Turismo da Coruña, indican a Efe fontes municipais, vai analizar a programación facilitada por Vueling para setembro conforme á actual situación contractual e decidiranse as medidas a tomar no próximo consello.


Debido á situación sanitaria as compañías revisan frecuentemente os seus voos e, no caso de Vueling, faio mes a mes.A obrigatoriedade de realizar corentena na chegada ao país británico é un dos motivos polos que a compañía non ten programado ningún voo a Londres desde A Coruña no mes de setembro.


A oferta da compañía desde este aeroporto para o próximo mes reduciuse considerablemente, de forma que programou doce voos semanais a Barcelona; dous a Mallorca; un a Gran Canaria; un a Tenerife; un a Valencia; catro a Sevilla do 1 ao 20 de setembro e cinco o resto do mes.

En relación a este asunto, a Marea Atlántica emitiu un comunicado, no que acusa de "ineficacia" ao Goberno local por esta perda e pídelle que "negocie para conservar esta ruta". "é inexplicable que tras asinar un convenio de 900.000 euros anuais con Vueling, o Concello sexa incapaz de esixirlles que se manteña a conexión con Heathrow, unha ruta fundamental pola súa conexión con outros moitos destinos europeos", sostén a formación. 

Comentarios