Vueling engade dúas novas rutas desde Santiago a Bilbao e Londres

Ambas as liñas estrearanse no mes de xullo
Un avión de vueling. EP
photo_camera Un avión de vueling. EP

Vueling engadirá dúas novas rutas para conectar Santiago de Compostela con Bilbao e Londres este verán, segundo informou a aerolínea nun comunicado.

A nova ruta a Bilbao estrearase o 16 de xullo e contará con dúas frecuencias semanais, os luns e venres, en tanto que a conexión entre a capital galega e o aeroporto de Londres-Gatwick empezará o 23 de xullo, con voos todos os luns, mércores, venres e domingos.

Co anuncio destas dúas novas conexións, a aerolínea ofrecerá un total de dezasete rutas desde o aeroporto Rosalía de Castro durante a presente tempada estival.

Doce delas son a destinos domésticos (Barcelona, Tenerife, Mallorca, Málaga, Forteventura, Lanzarote, Eivissa, Menorca, Sevilla, Valencia, Gran Canaria e Bilbao) e cinco a destinos internacionais (Londres-Gatwick, Ámsterdam, París, Zúric e Bruxelas).