Envorca un camión no quilómetro 541 da A-6, á altura de Aranga

 Un camión envorcou esta mañá na autovía A-6, ao seu paso polo concello coruñés de Aranga, un accidente que causou feridas graves ao seu condutor, que quedou atrapado, informaron fontes de Urxencias.

Tras ser liberado polos bombeiros de Betanzos, o camioneiro foi atido polos servizos sanitarios de urxencia, que constataron a gravidade das súas feridas.

A consecuencia do accidente, que se produciu no quilómetro 541 da A-G, en dirección Lugo, a carga do camión, penso, quedou esparexida pola vía, o que obrigou ao 112 a solicitar medios de limpeza e mantemento ao Ministerio de Fomento que, xunto con efectivos do parque comarcal, encargáronse de despexar a calzada.

Comentarios