Unha viguesa acepta un ano de prisión e o pago de 1.500 euros por maltratar ao seu fillo de 13 anos

A nai do neno e a súa parella tirábanlle do pelo e dábanlle patadas polo seu mal comportamento ou as malas notas

Unha veciña de Vigo e a súa parella aceptaron unha pena dun ano de prisión por pegarlle con frecuencia ao fillo dela, de 13 anos, polo seu mal comportamento en casa ou as malas notas no colexio. Ademais, terán que indemnizalo con 1.500 euros e o home realizará 60 días de traballos comunitarios. O acordo asinouse este mércores no Xulgado do Penal número 1 de Vigo a porta pechada. 

Segundo apunta a Fiscalía, os malos tratos comezaron no ano 2013 cando o menor tiña oito anos e prolongouse durante uns tres anos. A parella tiráballe das orellas, do pelo e dáballe labazadas e patadas. Unhas agresións que lle obrigaron ao pequeno a faltar a clase durante varios días o que alarmou ao profesorado. Un ano despois, tras unha forte rifa, o menor contaríalle a un mestre o que lle estaba ocorrendo e o seu medo a volver á casa por se recibía unha nova malleira.

Desde abril do ano pasado, cando se iniciou a investigación, o xulgado de Instrución decidiu suspender preventivamente a custodia e a garda da nai e o coidado do neno atribuír á avoa paterna.