Vigo concede a súa Medalla de Ouro á lucense Isabel Pardo de Vera

"Foi unha gran impulsora da acción ferroviaria e do transporte ferroviario desde a cidade", destacou Abel Caballero
Isabel Pardo de Vera. SEBAS SENANDE
photo_camera Isabel Pardo de Vera. SEBAS SENANDE

A secretaria de Estado do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e expresidenta de Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, será a persoa que este ano reciba a Medalla de Ouro de Vigo.

Así o anunciou este xoves en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen xustificou esta decisión polas súas contribucións ao transporte en Vigo. 

"Foi unha gran impulsora da acción ferroviaria e do transporte ferroviario desde Vigo; unha gran impulsora da Ave por Cerdedo, do tren de alta velocidade", dixo Caballero, quen recordou que foi ela quen reiniciou o estudo hidrogeológico que o Goberno de Mariano Rajoy aparcara.

Caballero tamén subliñou que Pardo de Beira impulsou o Saída Sur e a conexión de alta velocidade co Porto, proxectos aínda por concretarse, ou a estación Vialia, inaugurada a finais do ano pasado. 
 

Comentarios