Ve-la Luz volve ao xaxún contra o ''silencio da violencia machista''

A asociación Ve-a Luz iniciou hoxe unha nova folga de fame na Coruña para "romper o silencio" da violencia machista e denunciar a "falta de aplicación" de leis, así como as "represalias" contra as mulleres que denuncian.

"Queremos ver a saída que din que hai, porque pensamos que hai saída para nós, que ten que haber saída, pero que non poderá atopase a saída nin coa mentira, nin coa corrupción, nin co castigo ás vítimas, nin co silencio", sostén a asociación nun comunicado.

Ao seu xuízo, hai "falta de intención" en fomentar medidas "reais" para combater a violencia a pesar de que a mensaxe do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, foi "claro: ¡o problema é grave! é necesario denuncialo todo".

"Pero -continúa-, desde a nosa denuncia do 25 de novembro, o problema converteuse en terrorismo: mulleres e menores vítimas e sobreviventes da violencia de xénero foron sometidas de novo aos malos tratos institucionais: o incumprimento dos proxectos non de lei, mocións, leis, protocolos... volveu a converter a Galicia en exemplo da mala práctica política".

Segundo Ve-la Luz, a comunidade galega é "unha vez máis exemplo de malas prácticas sentando un precedente nefasto a imitar por outras comunidades autónomas" con sobresementos "das nosas denuncias como represalia, as dilacións e as indefensións como unha mostra agravada do ensañamiento que é capaz de exercer o sistema xudicial e político contra quen se atreven a cuestionalo".

Comentarios