Varias decenas de persoas concentráronse para protestar contra a desaparición das cinco cabeceiras galegas

Varias decenas de persoas vinculadas ao ámbito cultural, político e xornalístico en xeral participaron nunha concentración convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística convocado pola desaparición de cinco cabeceiras xornalistas en Galicia todas en lingua galega.

Carlos Callón, presidente da Mesa, achaca esta situación dos medios ao escaso interese do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao seu goberno por promocionar o galego.

"é unha epidemia o que está a pasar a nivel de uso do noso idioma na administración, no ensino e nos medios de comunicación", asegurou Carlos Callón tras relatar a desaparición dous xornais electrónicos, entre estes Vieiros ou a do semanario A Nosa Terra, que con mais de cen anos de existencia chegou a resistir o exilio do franquismo, "pero non ao Goberno da Xunta actual".

Citou a medios como GZ Nación, A Peneira, con 25 anos de existencia, e o último, o diario Galicia Hoxe, do Grupo Correo Galego que a pasada semana comunicou o peche e o despedimento de 19 traballadores.

"O que lle pedimos ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo é algo tan revolucionario e tan esaxerado como solicitarlle que cumpra o Estatuto de autonomía e a Costitución, dado que ambos din que é obrigación dos poderes públicos promocionar o idioma propio, tamén no ámbito informativo", concluíu o presidente da Mesa.

A concentración finalizou coa lectura dun manifesto por parte do escritor Miguel Anxo Fernan Bello quen cualificou a ''Demolicións Feijóo S.L." das agresións continuadas que sofre o idioma.

Comentarios