jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Valeria Quer arremete contra Pablo Iglesias: "Pallaso, non che gustaría que lle pasase á túa filla"

Valeria Quer. EFE
Valeria Quer. EFE
Critica a postura do líder de Podemos respecto da prisión permanente revisable: "Se o país estivese nas túas mans, tanto que falas da muller, estarían a asasinarnos persoas reincidentes"

Valeria Quer cargou contra o líder de Podemos na semana en que comezou o xuízo pola morte da súa irmá Diana a mans de Enrique Abuín Gey, coñecido como El Chicle. A través das redes sociais, a irmá pequena da moza madrileña asasinada na Pobra criticou duramente a Pablo Iglesias pola súa posición política respecto da prisión permanente revisable. "Es un pallaso. Agora que tes unha filla seguro que non che gustaría que lle pasase, porque ti non estarías a buscar xustiza senón vinganza, como ti dis", publicou na súa conta de Instagram.

Precisamente, a familia Quer solicita para o autor confeso do crime de Diana a máxima pena, á que se opón o secretario xeral de Podemos. As palabras de Valeria non quedaron aí e continuou na súa mensaxe: "Se o país estivese nas túas mans, tanto que falas da muller, estarían a asasinarnos persoas reincidentes".

A moza viaxou a Compostela coincidindo coa celebración do xuízo, pero non se achegou aos xulgados de Fontiñas. O seu pai, Juan Carlos Quer, falou para os medios congregados e esixiu desculpas a Pablo Iglesias. "O legado de Diana é manter a prisión permanente revisable, unha lei necesaria que salvará vidas", recalcou. E en liña coas palabras da súa filla pequena, aventurouse: "Agora que é pai espero que entenda que cando non se sabe que dicir é mellor calar".

Valeria Quer arremete contra Pablo Iglesias: "Pallaso, non che...
Comentarios