A vacinación ao grupo de entre 40 e 49 anos arrincará o domingo en Santiago

A próxima semana poderían ampliarse de novo os límites ás reunións entre non convivientes
Un sanitario prepara la vacuna de Janssen. EFE
photo_camera Un sanitario prepara a vacina de Janssen. EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o domingo o Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciará a vacinación das persoas entre 40 e 49 anos, nunha fin de semana na que se espera superar o 30% da poboación coa pauta completa da vacina contra a covid-19.

Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, recordou que neste novo tramo de idade tamén se poderá vacinar con Janssen, unha vacina da que se espera recibir 14.000 dose á semana e que é unidose, polo que as persoas que a reciban quedarán completamente inmunizadas.

Sobre a situación epidemiolóxica dixo que segue sendo bo e con tendencia "á baixa" polo que a semana que vén espera que se poidan continuar o proceso de ampliar o número de persoas non convivientes que poden reunirse, situado agora en seis en interior e dez persoas en exterior. 

OS DATOS. Galicia chega ao ecuador desta semana cos novos contaxios de covid-19 por baixo do centenar por terceira xornada consecutiva, tras rexistrar outros 82, mentres que os casos activos seguen en descenso por undécimo día seguido e sitúanse en 2.206. Por contra, os pacientes ingresados ascenden lixeiramente a 111, dous máis. 

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18.00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas ingresadas en Uci en Galicia, catro menos, mentres que aumentan a 90 as que permanecen noutras unidades, seis máis. 

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe lixeiramente nas da Coruña e Cee, Lugo, Pontevedra e O Salnés e Ferrol; descende nas de Vigo e Ourense; e mantense na de Santiago e Barbanza. 
 

Comentarios