Unha vaca aparece no tellado dunha casa en Entrimo

O animal acabou caendo polo oco dunha escaleira
Daños ocasionados por la vaca en el tejado. TVG
photo_camera Daños ocasionados por la vaca en el tejado. TVG

Os veciños da parroquia da Illa, en Entrimo, aínda non atopan explicación ao ocorrido hai uns días no barrio de Rodiado. Unha vaca cachena de 150 quilos apareceu de madrugada no tellado dunha vivenda.

Segundo informa TVG, os veciños comezaron a escoitar ruídos en plena noite e descubriron, con asombro, que unha vaca se atopaba no tellado totalmente desorientada. O animal, asustado, terminou caendo polo oco dunha escaleira, quedando encaixado entre esta e un muro.

Até o lugar desprazouse o propietario da vaca, quen, coa axuda de varios veciños, logrou sacala de alí.

O rumiante resultou ferido tras a caída e recupérase coas súas compañeiras de rabaño.

Comentarios