A USC inicia o curso académico co anuncio dos primeiros graos abertos

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que esta modalidade chegará para o lapso 2020-2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este venres a oferta de graos abertos a partir do curso 2020-2021, no que os alumnos poderán elixir durante un ano e medio as materias de varias carreiras antes de decidirse definitivamente por unha delas.

Durante o acto de apertura oficial do curso académico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), celebrado no Pazo de Fonseca, Núñez Feijóo destacou que Galicia se converterá na terceira comunidade autónoma en implantar esta experiencia piloto, que contará cun máximo de 25 prazas para cada grao aberto.

Ademais, serán cinco o número de graos máximos no programa e contarán coa correspondente subvención, precisou o presidente da Xunta, que expresou a súa preocupación ante as cifras de abandono universitario.

Feijóo sinalou que Galicia se adiantou dous anos" e iniciou o seu Programa de Especializción dos campus

"O 20 % dos universitarios abandona os seus estudos no primeiro curso e un total de 1.200 mudan de carreira nos dous primeiros cursos do seu grao. A resposta non pode ser outra que a flexibilidade", declarou Feijóo, que ademais sinalou que en Galicia xa existían os graos interuniversitarios para facilitar a colaboración entre universidades pero que cos graos abertos apóstase por un modelo universitario "en constante evolución".

Nesta mesma liña, en relación cos obxectivos marcados pola Comisión Europea na súa estratexia de universidades o pasado 2015, Feijóo sinalou que Galicia "adiantouse dous anos" e iniciou o seu Programa de Especializción dos campus e garantido o seu financiamento.

"O sistema universitario galego ten despregados oito campus de especialización e agora inicia o seu proceso de acreditación formal, algo no que Galicia será pioneira", expresou.

Comentarios