As universidades galegas ofrecerán o próximo curso unhas 11.700 prazas

A Comisión Interuniversitaria de Galicia dá a coñecer a lista, que supón unhas 300 máis que o número de alumnos que realiza estes días a Abau

Estudiantes en el campus de Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Estudantes no campus de Lugo. XESÚS PONTE

En plena Abau, cuxas notas se coñecerán o próximo día 21, a Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ciug) deu a coñecer este mércores as prazas que ofrecerán as tres universidades públicas galegas próximo curso nos seus sete campus. Son unhas 11.700, o que supón 300 máis do número de alumnos matriculados na convocatoria de xuño desta proba de acceso.

As notas de corte que tiveron no curso que está a finalizar servirán de referencia aos estudantes para presentar a súa preinscrición na Universidade, cuxo prazo ordinario concluirá o 2 de xullo. Os alumnos que aproben a Abau tras solicitar a segunda corrección poderán formulala os días 8 e 9 do mes que vén.

O 16 de xullo difundirase a primeira listaxe de admitidos e en espera que hai en cada un dos 169 graos que ofrecen as tres universidades galegas.

No curso que está a chegar ao seu fin tiveron vacantes 51 dos 169 graos que se imparten nos sete campus galegos

 VACANTES. Este curso case unha de cada tres titulacións, 51 en total, non chegaron a cubrir todas as prazas de que dispuñan.

graoslugoMedicina, que só se imparte no campus compostelán, é o grao con máis prazas en toda Galicia, 360. Séguelle Enxeñaría Informática na Coruña, con 240. Esta titulación tamén a hai en Santiago (66) e Ourense (110). En Lugo leva a palma o seu buque insignia, Veterinaria, con 110.

Nesa lista figuran os catro novos graos que se impartirán o próximo curso en Galicia: Robótica, en Lugo; Ciencia e Enxeñaría de Datos e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, na Coruña, e Xestión Dixital de Información e Documentación, en Ferrol, que dispón cada un de medio centenar de prazas.

NOTAS. O ranking encabezouno no presente curso en Galicia o dobre grao de Matemáticas e Física, que se imparte en Santiago, con 13,330. Completan o podio senllos do mesmo campus, Enxeñaría Informática e Matemáticas, con 12,918, e Comunicación Audiovisual e Xornalismo, con 12,785. Para poder acceder a Medicina, unha das máis cobizadas, foi preciso polo menos un 12,340. No campus lucense a nota de corte máis alta foi Veterinaria, con 10,530.

Na Universidade da Coruña o tope situouno Fisioterapia, que se imparte no campus herculino, con 10,650, e na de Vigo a mesma titulación, que alberga o campus de Pontevedra, con 10,400.

Comentarios