As universidades galegas amplían a súa oferta académica para o próximo curso

En total suman dez titulacións novas: tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento
Estudiantes universitarios durante un examen. AEP
photo_camera Estudantes universitarios durante un exame. AEP

As tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego (SUG) incorporarán á súa oferta académica un total de dez titulacións: tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o curso 2021/22. 

A oferta destas novas titulacións faise efectiva no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres, coa publicación da orde de implantación de ensinos universitarios en Galicia. Todas as titulacións recibiron o visto e prace do Consello Galego de Universidades, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e do Consello de Universidades. 

Nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade explicou que, no que respecta aos novos títulos de grao, inclúense dous na rama de Humanidades, un para a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e outro na Unviersidade de Vigo (Uvigo). 

Deste xeito, a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC ofertará o próximo curso o grao en Xestión Cultural, con 45 prazas a razón de 25 na modalidade presencial e 20 na semipresencial. A posta en marcha deste grao inicia o proceso de extinción do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

O outro desta rama é o grao de Filoloxía Aplicada Galega e Española, que se impartirá na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (UVigo). Neste caso, ofértanse 50 prazas e o grao contará con dúas especialidades ou mencións, que son a Mención galego e a Mención Español. O feito que este grao se imparta inicia o proceso de extinción do grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos literarios no mesmo campus e centro. 

Así mesmo, a Universidade da Coruña (UDC) ofertará o grao de Máquinas Navais, que se poderá cursar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas no campus herculino. O grao disporá de 50 prazas en modalidade presencial e dúas mencións, unha en Enerxía e Propulsión e outra en Oficial Electrotécnico. Estes inician o proceso de extinción do grao en Tecnoloxías Mariñas

Comentarios