Unha parella de xabarís paséase polo Carballiño

A Policía Local encargouse de afastalos das rúas e achegalos a un monte próximo

Jabalíes en O Carballiño. TVG
photo_camera Xabarís no Carballiño. TVG

Unha parella de xabarís sorprendeu este martes os veciños do Carballiño preto da praza do Concello causando unha gran expectación. Os animais paseáronse cunha actitude mansa pola contorna urbana atraendo os flashes de viandantes e curiosos. Segundo informa a TVG, é a segunda vez que 'visitan' o centro da vila sen causar incidentes con ningún veciño.

A Policía Local encargouse de afastalos das rúas e achegalos a un monte próximo.

Comentarios