Unha familia afima ter visto un oso na Fonsagrada

Unha parella e o seu bebé visitaban a fervenza da Seimeira de Vilagocende cando detectaron a presenza dun animal de gran tamaño

Unha familia que visitaba a fervenza da Seimeira de Vilagocende, nun camiño do municipio lucense da Fonsagrada, informou este luns que cre ter visto un oso o pasado sábado cando regresaba a pé ao lugar onde aparcou o seu vehículo.


Trátase dunha parella cunha filla de dezaoito meses que, deixaron o seu vehículo aparcado nun punto da estrada e baixaron a pé polo camiño que dá acceso á fervenza da Seimeira, a través dunha zona boscosa.

Ao descender polo camiño ata A Seimeira, tras contemplar durante un intre o enclave natural da fervenza, decidiron regresar ao coche polo mesmo acceso.

Cara ás 20:30 horas, pouco despois de iniciar a ascensión de regreso ao vehículo, a muller escoitou pasos fortes na zona boscosa do camiño.

Tivo o impulso de botarse a correr coa nena, segundo indicou a Efe o seu marido, quen sinalou que ambos mantiveron a calma e quedaron practicamente quedos.

Uns segundos despois, o marido viu a pelame dun animal moi grande tras unhas zarzas e, ao escoitar un gruñido, identificouno como un oso.

Segundo o home, "en ningún momento o oso chegou a invadir a ruta de sendeirismo", polo que proseguiron o camiño con calma e non volveron ver o animal.

A finais de maio, un pescador lucense relatou tamén o seu encontro cun oso pardo no lugar de Ferrreiro do Vilar de Cuíña, tamén na Fonsagrada.

Comentarios