Unha proba psiquiátrica atrasa o traslado de David Oubel a fóra de Galicia

O acusado de asasinar ás súas dúas fillas cunha radial ía ser levado a outra prisión para garantir a súa seguridade

O acusado de asasinar ás súas dúas fillas en Moraña, David Oubel, non puido ser trasladado finalmente a unha prisión situada fóra da comunidade co fin de garantir a súa seguridade, tal e como estaba previsto. O presunto parricida ten que realizar antes unha proba psiquiátrica que xa estaba programada con anterioridade. Segundo adiantan Faro de Vigo e TVG, o destino podería ser León.


David Oubel ingresou o pasado sábado no centro penal da Lama, onde, ao parecer, xa recibiu ameazas de morte por parte doutros presos. 

As declaracións das testemuñas xa terminaron no xulgado de Caldas. O seguinte paso será analizar os informes forenses e da Policía Científica, que presiblemente non estarán dispoñibles ata mediados de setembro.




comentarios