Unha muller morre en Meaño vítima dunha posible fuga de gas

Unha muller faleceu onte á noite en Meaño, na parroquia de Covas, lugar de Outeiro, por un posible escape de gas nun establecemento de hostalería, informaron fontes do 112.

Ás 23.05 horas, un particular solicitou unha ambulancia ao atopar inconsciente a muller e sospeitar que sufría unha intoxicación por gas.

Ao momento desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas e da Garda Civil, que informaron o servizo de urxencias de que evacuaran á muller do establecemento porque cheiraba forte a gas, mentres que os sanitarios confirmaron o falecemento.

Cando chegaron os bombeiros de Ribadumia ventilaron as dependencias e realizaron medicións nas mesmas, que deron positivo por monóxido de carbono aínda que en niveis baixos, mentres que técnicos de Repsol Butano comprobaron que a instalación de gas funciona correctamente.

Comentarios