Unha muller con cancro e en paro inicia unha folga de fame

Beatriz Figueroa, unha muller de 47 anos enferma de cancro de mama, licenciada en Dereito e residente en Vigo, leva catro días en folga de fame para denunciar como viven as persoas que, como ela, padecen unha enfermidade grave e atópanse en paro.

Cando foi diagnosticada, en 2011, contou hoxe a Efe, xa estaba desempregada e tivo que conformarse, aduce, cun subsidio económico de 426 euros tras cotizar durante dúas décadas.

Por iso tomou esta decisión que combina cunha protesta, ante as portas dunha oficina de emprego para denunciar a situación á que se enfronta e que achaca a tanto "recorte e endurecemento de leis, que fai que os máis desfavorecidos teñan as cousas máis difíciles".

Figueroa comentou a Efe que leva dous meses sen cobrar o subsidio económico de 426 euros que recibía, e que o último debería telo ingresado con data do 23 de abril.

"Por iso -argumenta- estou indignada. é un despropósito estar a esperar un mes por unha paga, e por iso iniciei esta folga de fame que manterei ata que o corpo aguante", asegura, e engade que non cre na recomendación de que a saúde é o primeiro, porque "dada a rabia e impotencia en tan ardua loita contra a enfermidade e a administración non penso niso".

Beatriz denunciou, así mesmo, a falta de humanidade "e solidariedade dalgunha xente", xa que na súa batalla contra o cancro di terse atopado cun gran número de persoas "ás que lles resulta indiferente".

E agora mesmo, agrega, "moitos dos que pasan diante de min ao longo do día, apenas se paran. O máis triste é que aqueles que están en situación similar nin se inmuten".

Esta muller creou unha web chamada 'A vida non segue igual' a través da que conta a súa historia para que outros a coñezan, á vez que expón, en base á súa preparación, "esas leis que afectan aos débiles, para dalas a coñecer, e que os cidadáns saiban os seus dereitos".

Comentarios