Unha das dúas secuestradas onte en Vilagarcía é esposa dun recluso da Lama

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, informou esta mañá de que unha das dúas mulleres retidas durante horas onte nunha casa de Vilagaría, era a esposa dun recluso da Lama.

Varios encapuchados amordazaron onte dúas mulleres nun chalé desta localidade, no que permaneceron durante varias horas e posteriormente abandonaron utilizando dous vehículos da familia.

Antonio Coello recordou hoxe que o esposo dunha das mulleres cumpre condena na prisión da Lama por varios delitos, entre os que figura o de narcotráfico.

O subdelegado explicou que as mulleres estiveron retidas nunha casa da urbanización O Rial de Vilagarcía, desde as once da mañá ás cinco da tarde, e ao saír levaron dous coches, un deles un Audi A6 que apareceu queimado nunha pista forestal de Meis, segundo sinalou Coello.

Nestes momentos investígase se o secuestro está relacionado co ingreso en prisión do marido da dona da casa, unha das secuestradas, indicaron as mesmas fontes.

Comentarios