Unha coruñesa logra que o seu pai a recoñeza como filla grazas a un pano

Un detective conseguiu a saliva do home, un empresario galego fincado en Suíza, para facer a proba de ADN

Unha veciña da Coruña conseguiu ser recoñecida polo seu pai, un empresario galego fincado en Suíza, despois de que o resultado dunha proba de ADN dese positivo e indicase que hai un 99% de posibilidades de que sexa a súa filla.

Diso informou o bufete Osuna Avogados nun comunicado, no que explica que, ao recibir en Suíza a demanda da moza coruñesa e ver a contundencia da proba de ADN, o pai comunicou ao xulgado que recoñece os feitos e admite que a demandante é a súa filla.

Segundo explica Osuna Avogados, a proba foi realizada entre a filla demandante e un dos seus tíos, irmán do seu pai. Todo iso despois de que a moza obtivese o ADN a través dun detective e "empregando todos os medios legais".

En concreto, o detective fíxose coa servilleta nun bar e, tras realizar a proba comparando o ADN coa saliva da presunta filla, o laboratorio certificou que a coincidencia xenética é do 99%. O bufete Osuna Avogados recordou que o Tribual Supremo (TS) aproba a legalidade desta proba, tal e como recollen "moitas sentenzas".

Comentarios