Un veciño de Ribeira morre ao precipitarse o seu coche ao mar

Un veciño de Ribeira de 42 anos faleceu este martes ao precipitarse ao mar o vehículo que conducía no porto da Pobra do Caramiñal (A Coruña). O accidente produciuse na tarde do martes, cando o vehículo que conducía a vítima, natural de Rianxo, circulaba polo peirao de descarga de túnidos, precipitouse ao mar entre dous barcos que había atracados no porto.

Os intentos de rescatar o condutor foron nulos, pois as augas estaban moi turbias e as portas do coche pechadas. O vehículo extraeuse das augas coa axuda dun mergullador e un camión guindastre, e o corpo da vítima foi recuperado a través do maleteiro do coche.

Comentarios