Un traballador falece por esmagamento nunha canteira de Ponteareas

Un traballador morreu esta mañá por esmagamento nunha canteira do termo municipal pontevedrés de Ponteraeas, segundo informou a Efe o servizo de urxencias 112.

O traballador falecido tiña 46 anos e a súa identidade responde as iniciais H.B.V.

O accidente tivo lugar nas instalacións de Áridos Ponteareas, situada na estrada de Xinzo a Parada.

Ao parecer o falecemento produciuse ao quedar o operario aprisionado por unha máquina.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias e de Protección Civil.

Comentarios